Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/07/2020 | Actualizada ás 19:03
Un espectáculo pirotécnico de cinco minutos de duración lanzado desde o campus universitario porá o broche este venres ás festas do Apóstolo de Santiago. O Concello de Santiago lanza unha mensaxe de responsabilidade aos veciños da cidade, aos que insta a evitar aglomeracións e respectar as medidas de seguridade para seguir os coñecidos como 'lumes pequenos'.
O espectáculo será visible "desde todos os puntos altos da cidade", di o consistorio nun comunicado, no que enumera o miradoiro das Cancelas, a Almáciga, o Monte de Deus e o Pedroso como áreas recomendables para presenciar os lumes.
Debido ao lanzamento dos proxectís, que se tirarán desde a escalinata do campus a partir das 23,30 horas do venres, permanecerá cortado o tránsito peonil a partir das 10,00 horas na Ferradura da Alameda.
Tamén estarán cortadas ao tráfico a partir das 22,00 horas as avenidas da Coruña e de Compostela no tramo comprendido entre a avenida das Ciencias e As Burgas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.