Golpe á contratación temporal dos concellos: o xuíz considera fixos ós traballadores de emerxencias de Ponteceso

Os empregados levaban enlazando contratos temporais dende 2013. A CIG celebra a sentencia e insta ó resto de GES a denunciar a súas situacións "en fraude de lei".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/07/2020 | Actualizada ás 11:42

Comparte esta noticia

Novo golpe á contratación temporal dos concellos. O xulgado do Social número 6 da Coruña vén de declarar como persoal laboral fixo do Concello de Ponteceso a nove traballadores e traballadoras do Grupo de Emerxencias Supramunicipal, recoñecéndolle unha antigüidade dende 31 de xullo de 2013, ano no que se asinou o primeiro convenio entre a administración local, a Xunta e a Deputación para a prestación deste servizo con base en Ponteceso.

GES Padrón
GES Padrón | Fonte: Pontecesures.net

O tribunal considera que a contratación á que estaba sometido este persoal, con contratos temporais por obra ou servizo que se renovan ano a ano dende 2013, converten a estes traballadores en persoal laboral fixo do Concello. Á parte, o xuíz destaca a realización de funcións permanentes e o cumprimento dos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade no acceso á súa praza, tras superar un proceso público de selección.

UN FRAUDE XERALIZADO

A sentencia vén de ser aplaudida pola formación sindical CIG, que ve nesta resolución "unha evidencia máis da irresponsábel concepción que as administracións teñen destes grupos de emerxencias", así como destacan o "escaso interese por dotar dunha estrutura de persoal profesionalizada e estábel e con medios materiais suficientes a estes servizos públicos básicos que atenden, de xeito maioritario, ás zonas rurais". 

Tamén M.Mar García Pombo, avogada da CIG neste proceso, sinala a súa satisfacción co resultado da sentenza porque supera unha anterior postura xurídica de que só son indefinidos, e recoñeceselle, directamente, "que son fixos". 

Deste xeito, a CIG destaca que a situación de "fraude" na contratación dáse de forma "xeneralizada" nos GES de acordo coa propia sentenza, que segundo apunta recolle que diferentes xulgados do Social e o TSXG teñen ditado resolucións declarando a fixeza da relación laboral dos traballadores e traballadoras cos concellos que prestan o servizo.

Ante esta situación, a CIG anima a todo o persoal dos GES con "contratos en fraude de lei" a 

a denunciar e reclamar nos xulgados para que "se lle recoñezan os dereitos laborais que as administracións lles denegan".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta