G. Caballero pide á Xunta que traballe para evitar que os lumes ameacen vivendas

Pídelle ao Goberno galego traballar por unha política de prevención que "evite riscos" e un coidado das masas forestais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/07/2020 | Actualizada ás 12:19

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, pediu á Xunta que "extreme todas as medidas" na loita contra os incendios e que traballe nunha política de prevención que evite casos como o do lume iniciado en Cualedro, que ameazou vivendas no municipio veciño de Monterrei (Ourense).

As condicións meteorolóxicas actuais, con moita calor e vento, son "de alto risco de incendios", destacou Caballero en declaracións aos medios antes de reunirse con parte dos deputados do Grupo Parlamentario Socialista. A iso "súmase unha situación de falta de coidado do medio rural e de falta de prevención e coidado das masas forestais", criticou.

Isto, engadiu, leva a que se produzan incendios "moi preocupantes" como o de Cualedro, que calcinou xa máis de 1.000 héctareas e converteuse no máis grande no que vai de tempada en Galicia.

Así, Caballero chamou a manter estes días "todas as alertas" e pediu ao Goberno galego traballar por unha política de prevención que "evite riscos" e un coidado das masas forestais que evite que as chamas se acheguen a aldeas e haxa que desaloxar aos veciños.

Incendio que obriga a desaloxar casas en Monterrei. GARDA CIVIL
Incendio que obriga a desaloxar casas en Monterrei. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta