A situación das mulleres protagoniza 'Veleno en familia' de Rocío Leira

Presentará o libro en Cee xunto coa feminista, Esther Canosa, e a directora de Baia Edicións, Belén López Vázquez.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Rocío Leira presentará a súa nova novela "Veleno en familia", unha obra que aborda a situación das mulleres na actualidade, o vindeiro sábado 1 de agosto, as 20:30 horas na Feira do Libro de Cee

Rocío Leira presentará a sua nova novela 'Velena en familia' na Feira do Libre de Cee.
Rocío Leira presentará a sua nova novela 'Velena en familia' na Feira do Libre de Cee. | Fonte: Baía Edicións

A novela, editada por Baia Edicións, aborda un crimen dentro dun triángulo familiar. O libro foi finalista no I Premio de Novela Vilar Ponte e, segundo o xurado, é "unha radiografía da sociedade galega actual" que realiza "unha excelente recompilación de fraseoloxía de linguaxe popular” e que contén “unha análise da situación específica das mulleres”.

No acto, estará acompañada pola activista da organización feminista da Costa da Morte 'Buserana', Esther Canosa, e pola directora editorial de Baia Edicións, Belén López Vázquez, que se encargarán de facer unha valoración da crítica.

Rocío Leira naceu en Cee no ano 1979. Matemática de profesión, dirixe un centro de formación para universitarios en Santiago de Compostela. Recibiu diferentes premios, como o Díaz Jácome para novos creadores ou o Manuel María da Poesía. A escritora asinará tamén exemplares da novela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta