O Concello de Celanova négase a ampliar o persoal da residencia na que faleceron 11 anciáns

"Indignación" e "frustración" entre os familiares dos residentes ante o "abandono" de Xunta e consistorio.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/07/2020 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

Novo episodio de "indignación" e rexeitamento entre as familias de usuarios das residencias de maiores. A derradeira das denuncias xorde no concello ourensán de Celanova, onde a residencia San Carlos se converteu nos meses da pandemia nun dos maiores focos de contaxio da rexión, chegando a contabilizar un total de 11 falecidos.

Residencia de anciáns San Carlos de Celanova en Ourense -foco principal de contagios do Covid-19 ata agora na provincia galega- que está a ser desinfectada for efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME) en Celanova (Ourense, Galicia, Esp. Rosa Veiga - Europa Press - Arquivo
Residencia de anciáns San Carlos de Celanova en Ourense -foco principal de contagios do Covid-19 ata agora na provincia galega- que está a ser desinfectada for efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME) en Celanova (Ourense, Galicia, Esp. Rosa Veiga - Europa Press - Arquivo

Neste caso, a "tristeza" de usuarios e familiares vén marcada polo rexeitamento da corporación local a aceptar unha moción urxente para mellorar a dotación de persoal da residencia. "O luns pasado remitimos a moción a todos os grupos municipais", explica María Rodríguez, unha das integrantes da Federación Galega de Usuarios e Residencias (REDE) en declaracións a Galicia Confidencial. "Cando chegamos ó pleno sorprendeunos ver que nin o alcalde [de Celanova Decide] nin o PP falaban da moción. Tivo que ser o BNG que a propuxera".

PROMESAS INCUMPLIDAS

A sorpresa de Rodríguez e o resto de integrantes de REDE veu marcada porque, apenas un mes atrás, todos os grupos do consistorio se comprometeran a "apoiar as nosas accións futuras", dende "investigar a verdade do que pasou" ó reforzo de persoal. Porén, cando chegou o momento de impulsar esa ampliación dos traballadores, todos os grupos a excepción do BNG rexeitaron, de facto, a proposta. "O PSOE fixo un paripé pero tamén forman parte da corporación", destacou Rodríguez, antes de lamentar que a moción "non pasou o primeiro trámite".

"Dixeron que a moción non era de carácter urxente", explica a integrante de REDE, que conta cun familiar na residencia. "É frustrante, indignante, desesperante... e non sei canto adxectivos máis poñer en fila para que se entenda polo que estamos pasando e como somos capaces de seguir en pé, soportando unha humillación tras outra", sosteñen dende a asociación ante unha situación que Rodríguez califica de "abandono, tanto por parte da Xunta como do Concello".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta