(Vídeo) Unha veciña que case perde a casa no lume de Monterrei: "Non ardeu porque desbrocei eu"

Esta muller amosou a súa indignación diante do conselleiro do Medio Rural, José González, que se achegou á localidade de San Cristovo, en Monterrei.

Por Galicia Confidencial | Monterrei | 30/07/2020 | Actualizada ás 12:58

Comparte esta noticia

O lume de Cualedro e Monterrei provocou perigosas situacións e puxo en risco a vida e as propiedades de varios veciños de San Cristovo, en Monterrei. Unha delas é María del Carmen, que non tivo problema en saír ao encontro do conselleiro do Medio Rural, sen saber quen era, para espetarlle na cara a crúa realidade que golpea a Galicia cada verán. "Eu non sei que é vostede, pero non ardeu máis porque desbroceu eu... Hai que previr antes", díxolle.

Incendio de Cualedro. GARDA CIVIL
Incendio de Cualedro. GARDA CIVIL

Estaban as cámara da TVG igual non sairá nos seus informativos, como outras moitas críticas ao Goberno galego durante os últimos anos. A vivenda de María del Carmen é unha das primeiras da aldea e estivo moi exposta ao lume. Afortunadamente, conseguiu salvarse porque ela tiña limpa a súa finca.

Esta veciña denuncia en DdT que viuse soa fronte ás chamas e os medios de extinción aéreos e terrestres -motobombas- non tentaron auxiliala a ela e ao resto dos veciños nos momentos máis dramáticos.   

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta