Detido un rapaz de 22 anos por vender droga no centro de Pontevedra

O mozo, detido por un delito contra a saúde pública, realizaba os intercambios nun piso do centro da cidade.

Por E.P. | Pontevedra | 30/07/2020 | Actualizada ás 18:04

Comparte esta noticia

A Policía Nacional de Pontevedra detivo a un mozo de 22 anos acusado dun delito de tráfico de drogas pola venda polo miúdo de haxix e marihuana a terceiras persoas que a diario frecuentaban o seu domicilio, no centro da cidade.

Droga incautada en Silleda.. GARDA CIVIL
Droga incautada en Silleda.. GARDA CIVIL

As informacións iniciais partiron de axentes policiais doutras unidades que puxeron en coñecemento dos axentes de Prevención da Delincuencia que alguén podería estar a vender droga "polo miúdo" nun piso da cidade. A situación, precisaron, xeraba á veciños "inseguridade", pola "gran afluencia" ao lugar de toxicómanos. A investigación desembocou na incautación de varias vendas de pequenas cantidades de haxix e heroína a outros tantos compradores.

Ademais, os axentes policiais estableceron un dispositivo no que se detivo ao presunto autor por un delito contra a saúde pública. No momento da súa identificación e tras un cacheo de seguridade, os axentes policiais interviñéronlle unha bolsa que contiña marihuana, cun peso de 4,3 gramos, oculta na súa roupa interior.

O detido, de forma voluntaria, fixo entrega aos axentes policiais dunha caixa que tiña no seu domicilio e que contiña unha tableta de haxix cun peso de 97,7 gramos, unha bolsa de plástico con marihuana cun peso de 77,8 gramos e un anaco de haxix cun peso de 12,1 gramos, ademais dos utensilios empregados para a manipulación e pesada das sustancias estupefacentes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta