Patrimonio abre expediente pola reforma da escaleira da ponte do Burgo feita polo Concello de Pontevedra

Abre expediente informativo pola intervención nas escaleiras de acceso ao río Lérez na cabeceira norte.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 30/07/2020 | Actualizada ás 20:06

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia abriu un expediente informativo por unha banda da intervención realizada polo Concello de Pontevedra nas escaleiras de acceso ao río Lérez na cabeceira norte da ponte do Burgo.

Ponte do Burgo en Pontevedra
Ponte do Burgo en Pontevedra | Fonte: Harpagornis - Wikimedia.

A obra conta coa autorización de Patrimonio para o hormigonado da ponte e a substitución das escaleiras de pedra polas bancadas de formigón, segundo consta en toda a documentación existente sobre este proxecto.

Con todo, o organismo dependente da Xunta abriu un expediente informativo o pasado mes de xaneiro polos pequenos chanzos de formigón que se intercalan entre as bancadas e conforman unha escaleira de acceso ao río.

O portavoz local do Partido Popular, Rafa Domínguez, advertiu este xoves da existencia deste expediente e lamentou a "chapuza" realizada no acceso ao río ao entender que é unha "aberración urbanística sen sentido nin lóxica".

"Recubriuse con formigón una das infraestruturas portuarias máis antigas da nosa cidade e de Galicia", dixo Domínguez, que destacou que esta intervención "contra a historia da cidade", fora "denunciada por moitos veciños".

Tras case ano e medio de obras, a remodelación da ponte do Burgo xa está terminada e inaugurarase o próximo 4 de agosto cunha exposición sobre a ponte e o aceso da nova iluminación monumental.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta