Cifran en 5.000 os animais falecidos nos incendios de Cualedro e Monterrei

O estudo da asociación Libera estima que os datos reais poderían ser maiores ao tratarse dun cálculo "moi conservador"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2020 | Actualizada ás 11:04

Comparte esta noticia

A Asociación animalista Libera! estimou este venres que polo menos uns 5.000 animais silvestres faleceron a consecuencia dos lumes rexistrados na última semana nos municipios ourensáns de Cualedro e Monterrei, que afectaron a unha superficie total de máis de 1.700 hectáreas.

Así o sinalou Libera! nun comunicado remitido aos medios, no que asegura que esta cifra responde a un cálculo "moi conservador" ao estimar só menos de cinco animais por cada hectárea arrasada polo lume.

Os animalistas denuncian que os incendios provocados xeran "enormes perdas ambientais", ademais do custo que teñen para o sector agrario. Tamén apunta que a perda de hábitat é outro dos condicionantes negativos para a fauna que sobrevive ás chamas, co que moitos destes animais acaban morrendo tratando de desprazarse a outras contornas.

Por todo iso, piden á Xunta que desenvolva plans de revitalización animal nas contornas queimadas para favorecer a volta da biodiversidade en espazos que sufriron os lumes intencionados, cuestión que, segundo indica, pode facilitarse prohibindo actividades humanas durante maiores espazos de tempo.

Ademais, denuncian que a "irresponsabilidade" dunha minoría, "como as persoas que deixan material de protección sanitaria no medio dos montes", está a crear "aínda máis combustible para os incendios" polo que esixen ás autoridades "unha maior implicación" para evitar que microplásticos e outros elementos potencialmente aceleradores das chamas non acaben en contornas naturais.

Membro do equipo de extinción de incendios loitando contra o gran lume de Rianxo e Dodro
Membro do equipo de extinción de incendios loitando contra o gran lume de Rianxo e Dodro | Fonte: Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta