Un traballador do matadoiro da Coruña é un dos 25 positivos relacionados co brote do ximnasio de Arteixo

O vixiante do centro cívico de Monte Alto e o porteiro dun pub de Oleiros que deron positivo nas últimas horas están tamén relacionados co centro de adestramento situado.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 31/07/2020 | Actualizada ás 16:52

Comparte esta noticia

Un traballador do matadoiro municipal da Coruña é un dos 25 contaxiados de coronavirus do brote relacionado cun ximnasio situado no núcleo de poboación de Meicende, no municipio de Arteixo, segundo informou o Sergas.

Test COVID-19 en Galicia
Test COVID-19 en Galicia | Fonte: Xunta.

Fontes municipais sinalan que a empresa concesionaria do servizo, Carnicosa, procedeu a desinfectar as instalacións do polígono da Grela e que os contactos que tivo o empregado no seu posto de traballo xa están illados e á espera dos resultados das probas PCR.

Por outra banda, o Concello apuntou que resultou negativo do test practicado polo Sergas á usuaria do polideportivo de Riazor que había sinalada o xoves como posible contaxio. As instalacións municipais foran xa desinfectadas antes de coñecerse o diagnóstico.

O vixiante do centro cívico de Monte Alto que deu positivo nas últimas horas tamén está relacionado co centro de adestramento situado en Meicende, así como o porteiro dun pub de Santa Cruz, en Oleiros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta