Duplícanse os mortos por accidentes en Galicia en xullo malia haber menos tráfico

Foron 13, o que supón máis do dobre que os seis que houbo no mesmo mes de 2019.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 31/07/2020 | Actualizada ás 20:12

Comparte esta noticia

Os mortos por accidentes de tráficos en Galicia en xullo --a falta de datos pechados da última xornada-- son 13, o que supón máis do dobre que o seis que houbo no mesmo mes de 2019. Esta situación prodúcese malia a redución nun 11% dos desprazamentos en xullo no país, segundo os datos do Ministerio do Interior.

Vehículo envorcado na A-52 tras un accidente de tráfico
Vehículo envorcado na A-52 tras un accidente de tráfico | Fonte: Garda Civil.

A este respecto, o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, pediu extremar a prudencia ao volante na operación saída de agosto, dado que esta fin de semana é unha das de maior tráfico do ano.

Para iso, a DXT e a Garda Civil velarán pola seguridade con 1.050 persoas e máis dun milleiro de medios tecnolóxicos.

O delegado do Goberno insiste na necesidade de comprobar o estado dos vehículos antes de emprender unha viaxe e de respectar os límites de velocidade nas vías.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta