Así está a casa de Carvalho Calero, o homenaxeado no Día das Letras galegas

Só o muro da fachada está en pe con pontóns para que non veña abaixo. O alcalde de Ferrol insiste na súa intención de rehabilitar o inmobre.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 03/08/2020 | Actualizada ás 09:41

Comparte esta noticia

A casa natal de Ricardo Carvalho Calero en Ferrol, onde naceu, é máis que unha ruína. Só se conserva a fachada principal soportada por uns pontóns que, en calquera momento, poden ceder, e provocar a desaparición total do que un día foi a vivenda do escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas.

Estado da vivenda na que naceu Ricardo Carvalho Calero en Ferrol
Estado da vivenda na que naceu Ricardo Carvalho Calero en Ferrol | Fonte: André C.

Esta casa conserva unha placa na que se lembra que nela naceu Carvalho Calero e, pouco máis, porque leva en estado ruinoso desde hai tempo. Con todo, o rexedor ferrolá Ángel Mato anunciou este sábado unha partida para tentar adecentar o inmobre.

"O equipamento cultural que se instale na casa natal de Ricardo Carvalho Calero debe servir tamén para dinamizar o barrio", afirmou o alcalde nun acto o pasado xoves tal e como recolle radiofusion que insistiu no compromiso municipal de rehabilitar a edificación para a que o grupo de goberno incluiu unha partida de 600.000 euros que aínda non se executaron porque o concello agarda pola colaboración de outras institucións para acometer o proxecto.

O Concello de Ferrol adquiriu en 2010 a casa natal de Ricardo Carvalho Calero e as dúas vivendas colindantes por un importe total de 350.000 euros. Un derrumbe posterior obrigou a apuntalar a fachada e valeirar o interior da vivenda da rúa San Francisco.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta