A metade das empresas galegas só traballa ao 60% da súa actividade habitual pola Covid

Pídenlle ás administración accións en materia tributaria (52%) e medidas que permitan aumentar a súa liquidez (43%).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/08/2020 | Actualizada ás 10:50

Comparte esta noticia

A metade das empresas galegas só traballa ao 60% da súa actividade habitual, segundo o barómetro realizado por Cadena SER Galicia en colaboración con KPMG sobre o impacto do COVID-19.

En concreto, o 83% dos empresarios galegos considera que a situación é negativa ou moi negativa, mentres que o 68% dos enquisados observa unha caída na demanda de produtos ou servizos por mor da pandemia.

En relación coas previsións para os próximos tres meses, máis do 70% das empresas consideran que o seu nivel de actividade será superior ao 60%.

A visión dos enquisados de aquí a un ano mostra unha perspectiva máis positiva, máis dun 79% sinala que o seu nivel de actividade será superior ao 60% e, deles, un 25% cre que a súa actividade será superior ao 100%.

Ante esta situación, as empresas galegas demandan por parte da administración accións en materia tributaria (52%) e medidas que permitan aumentar a súa liquidez (43%). Outras actuacións que consideran importantes son: a atracción de investidores (43%), o apoio á dixitalización (36%) e a internacionalización (23%).

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, nunha visita á empresa Papeleira de Brandia, en Santiago de Compostela.. CONCHI PAZ
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, nunha visita á empresa Papeleira de Brandia, en Santiago de Compostela.. CONCHI PAZ

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta