Remontan as vendas de coches en Galicia

En xullo vendéronse 4.058 turismos, o que supón un aumento do 16,3% respecto ao mesmo mes do ano anterior.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 03/08/2020 | Actualizada ás 16:32

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou en xullo a venda de 4.058 turismos, o que supón un aumento do 16,3% respecto ao mesmo mes do ano anterior, segundo os datos que publica este luns as asociacións de fabricantes (Anfac), concesionarios (Faconauto) e vendedores (Ganvam).

En xullo de 2020 houbo 4.058 matriculacións en Galicia, unha variación do 16,31% respecto ao ano pasado
En xullo de 2020 houbo 4.058 matriculacións en Galicia, unha variación do 16,31% respecto ao ano pasado | Fonte: Europa Press

Trátase da terceira repunta máis intensa en España, onde de media creceron un 1,1%, ata as 117.929 unidades máis, o que supón o primeiro aumento tras comezar a pandemia de coronavirus.

Con todo, no que vai de ano, as entregas de automóbiles no mercado estatao acumulan un volume de 457.782 unidades, o que representa un descenso do 43,3% respecto dos datos rexistrados entre xaneiro e xullo do exercicio previo.

En Galicia, este retroceso foi do 35,3%, con 15.102 coches vendidos entre xaneiro e xullo. De feito, a diminución galega de comercializacións de vehículos é a terceira menor entre comunidades, só por detrás de Cantabria (-33,5%) e A Rioxa (-34,8%).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta