O xullo máis seco en Santiago de Compostela en catro décadas

A cidade non rexistrou ningunha precipitación.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/08/2020 | Actualizada ás 18:53

Comparte esta noticia

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) destacou que, estatisticamente, aínda que o mes de xullo é o máis seco na contorna de Santiago de Compostela, con todo é difícil que no sétimo mes do ano non se recolla nin un mínimo de choiva, como sucedeu neste 2020 segundo os rexistros do Observatorio Astronómico Ramón María Aller.

Catedral de Santiago, Praza do Obradoiro
Catedral de Santiago, Praza do Obradoiro | Fonte: C0ncello de Santiago de Compostela.

O seu director, José Ángel Docobo, explica que había 39 anos que este feito non ocorría, sendo necesario remontarse a 1981, cando a profunda seca se prolongou desde o 26 de xuño ata o 6 de setembro.

Ademais, o profesor Docobo sinala que no Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC medíronse 1,2 litros/m2 en xullo e só 12,6 l/m2 en agosto, sendo entón o bimestre estival máis seco desde aquel 1981.

Segundo os rexistros do observatorio, outros meses de xullo no últimos cincuenta anos con precipitación moi escasa en Santiago foron os de 1993 (0,9 l/m2), 2016 (1,2 l/m2), 1986 (1,8l/m2), 1978 (4,2 l/m2), e 1984 ( 4,7l/m2). Antes tampouco choveu en xullo de 1967 e só 3,1 litros por metro cadrado no de 1969.

En marzo de 1997 a única precipitación fora inapreciable (menos de 0,1 litros/m2) en dúas xornadas e, en agosto de 1998 recolléronse só 1l/m2 nun día. Outros meses con choiva por baixo dos 5 litros/m2 foron outubro de 2007 (2,7 l/m2) e maio de 1997 (4,2l/m2).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta