O ex-NBA José Manuel Calderón percorre o Camiño de Inverno pola Ribeira Sacra

O deportista fixo a primeira etapa do proxecto 'O Camiño acaba no Obradoiro', entre Monforte e Chantada.

Por Europa Press / Redacción | Lugo | 03/08/2020 | Actualizada ás 20:22

Comparte esta noticia

O deportista José Manuel Calderón, ex-xogador da NBA, percorreu este luns a primeira etapa do proxecto 'O Camiño acaba no Obradoiro', entre Monforte e Chantada, con motivo da iniciativa impulsada polo Monbus Obradoiro en colaboración coa Xunta.

O deportista José Manuel Calderón realiza a primeira etapa do proxecto 'O Camiño acaba no Obradoiro'. XUNTA
O deportista José Manuel Calderón realiza a primeira etapa do proxecto 'O Camiño acaba no Obradoiro'. XUNTA | Fonte: Europa Press

Neste primeiro percorrido, o conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, acompañou ao deportista para ensinarlle a riqueza das paisaxes, así como o patrimonio natural e etnográfico desta zona candidata a ser declarada Patrimonio Mundial pola Unesco en 2021.

Neste marco, segundo informou a Xunta, Román Rodríguez expúxolles os valores que atesoura este territorio no que o Goberno galego dedica importantes recursos ao Camiño de Inverno.

En concreto, este ano a Consellería de Cultura e Turismo inviste 1,5 millóns en accións de sinalización, acondicionamento e mellora: "Estamos convencidos que co noso esforzo e con colaboradores como o Obradoiro e Calderón conseguiremos fomentar e impulsar as riquezas deste importante trazado", precisou o conselleiro en funcións.

Ademais de Román Rodríguez, na xornada de peregrinación tamén participou o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela; e o ex xogador de baloncesto Juan Antonio Corbalán, protagonista da segunda edición do Camiño acaba en Obradoiro e embaixador deste proxecto que permite potenciar os vínculos entre o deporte e a Ruta Xacobea e que este ano leva a cabo no Camiño de Inverno para fomentar a reactivación da peregrinación por este trazado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta