A dirección do BNG pide xulgar "aos Borbóns" e investigar "a fondo" a "corrupción na Casa Real"

Denuncian que existe unha "estratexia" por parte dos grandes medios de comunicación e dos partidos tradicionais en " tentar controlar a información e a investigación, aínda que iso supoña lexitimar socialmente a corrupción".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/08/2020 | Actualizada ás 21:04

Comparte esta noticia

A executiva do Bloque Nacionalista Galego pediu este luns que se investigue "a fondo" a "corrupción da Casa Real" e que se xulgue "aos Borbóns" polas súas actuacións, "con todas as consecuencias penais e políticas".

Nun comunicado remitido aos medios despois de que se coñecese a decisión do rei emérito Juan Carlos I de abandonar España, o BNG considera que "resolver esta situación cunha operación de imaxe" non fará máis que "reafirmar a evidencia de que, para perpetuarse, o réxime español opta por seguir tapando e ocultando a corrupción real, a expensas da verdade e da democracia".

Neste sentido, os nacionalistas galegos sosteñen que o anuncio comunicado este luns "responde a unha previsible operación por tentar salvar a monarquía e, especialmente, para desvincular ao rei Felipe V das negociacións e da imaxe de corrupción do rei emérito" a pesar das "múltiples evidencias" que, segundo sinala, existen sobre que o "actual xefe do Estado estaba ao tanto da actuación de Juan Carlos I e de que se beneficiou dela".

O Bloque asegura que "os múltiples escándalos que envolven aos Borbóns xa non son ocultables", como as investigacións abertas polas comisións presuntamente cobradas de forma ilegal en relación ao AVE á Meca, cuestión que, a xuízo do BNG, "obrigou ao réxime a idear unha operación de salvamento da monarquía que deu un primeiro paso en marzo e dá agora o segundo".

"Dentro desta estratexia está tamén a de tentar controlar a información e a investigación, aínda que iso supoña lexitimar socialmente a corrupción", apunta o BNG, que atribúe a iso o feito de que "as forzas políticas que sustentan o réxime do 78 se empeñan en impedir a investigación parlamentaria sobre as actuacións corruptas dos Borbóns".

Neste sentido, incide en que todo o que está a ocorrer ao redor da familia real "desacredita aínda máis" a unha institución que, segundo asegura, "xa é de seu anacrónica e antidemocrática". "Non é posible sustentar que nunha democracia o xefe do Estado é hereditario e vitalicio en lugar de ser elixido os cidadáns", apunta.

Por último, o Bloque, que lembra que foi o ditador Francisco Franco quen nomeou a Juan Carlos I como sucesor "a título de Rei", reafirmou o seu compromiso democrático e republicano.

Luís Bará, diputado del BNG, rompe fotos del Rey Felipe VI
Luís Bará, diputado del BNG, rompe fotos del Rey Felipe VI

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 CastelaoPaSogama

Faltan os do Carromeiro. Consejos vendo, etc.

1 Antichorradas

Para cuando una investigación sobre los chiringos de la U?