Rescatado un home dun foxo no que pasou varias horas sen poder moverse en Camariñas

O home de 70 anos caeu pola mañá e non foi rescatado ata as 22.00 horas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/08/2020 | Actualizada ás 10:08

Comparte esta noticia

Un home duns 70 anos de idade foi rescatado na noite deste martes dun foxo no que pasou varias horas tras caer dentro e quedar inmobilizado no municipio de Camariñas. Segundo informou o 112 Galica, a familia deste home decatouse da súa falta cando regresaron a casa no atardecer deste martes e comprobou que "nin sequera comera".

As mesmas fontes relataron que "iso fixo saltar todas as alarmas e máis cando, ao contactar con el por teléfono, souberon que caera nun buraco entre dúas pedras e non podía moverse".

Así o comunicaron ao 112 Galicia sobre as 21,00 horas deste martes para a posta en marcha dun operativo para localizar ao home, que sofre unha doenza crónica. De feito, puntualizaron as mesmas fontes, "a necesidade de medicación constante" e a "imposibilidade de recibila tras caer no buraco dificultaron aínda máis os seus movementos".

Por iso, pouco máis puido facer que berrar e pedir auxilio, destacou o 112. Por iso, unha veciña decatouse da súa presenza e avisou aos axentes da Garda Civil, que xa tiñan o operativo de procura en marcha xunto con voluntarios de Protección Civil.

Sobre as 22,00 horas deste martes o home foi localizado e trasladado a unha ambulancia que esperaba no punto para asistir ao afectado.

Foxo
Foxo | Fonte: GC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta