Ourense tórrase con case 40º en boa parte da provincia

Tamén haberá aviso amarelo no sur e noroeste de Ourense, así como en Valdeorras, sur e centro da provincia de Lugo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/08/2020 | Actualizada ás 10:24

Comparte esta noticia

As catro provincias galegas terán este xoves avisos amarelos por temperaturas máximas superiores aos 34 graos centígrados, mentres que na zona do Miño en Ourense será laranxa por valores de máis de 39ºC.

Así consta no Boletín de avisos meteorolóxicos de Meteogalicia, recollido por Europa Press, que detalla que este xoves Galicia continúa baixo os efectos da entrada dunha masa de aire cálido que traerá temperaturas moi elevadas.

En concreto, entre as 15,00 e as 21,00 horas deste xoves o aviso será laranxa na zona do Miño en Ourense por temperaturas máximas superiores aos 39 graos centígrados.

Mentres, no mesmo período o aviso será amarelo no sur e noroeste de Ourense, así como en Valdeorras, sur e centro da provincia de Lugo por temperaturas máximas superiores aos 36 graos centígrados.

Así mesmo, entre as 15,00 e as 21,00 horas está previsto aviso amarelo no interior da provincia da Coruña e na zona do Miño na de Pontevedra por temperaturas máximas superiores aos 34ºC.

Avisos por calor en Galicia para o xoves 6 de agosto.. METEOGALICIA
Avisos por calor en Galicia para o xoves 6 de agosto.. METEOGALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta