Os concursos de acredores diminuíron durante o confinamento

Supuxeron un 28% menos que en 2019, a caída é menor que a media do estado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/08/2020 | Actualizada ás 12:09

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou un total de 62 familias e empresas que se declararon en concurso de acredores --suspensión de pagos e quebras-- no segundo trimestre, o que supón un 28,7% menos que no mesmo período de 2019, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (INE).

Este descenso no caso galego, nun contexto marcado pola crise da COVID-19, é inferior ao que se rexistra de media no Estado (-41,3%). Dos 62 concursos declarados no segundo trimestre, 42 son de empresas e 20 de familias --persoas físicas sen actividade empresarial--.

Ademais, do total, 59 concursos foron de tipo voluntario e tres de forma necesaria. Case todos foron por procedemento abreviado (60) e só dous son de tipo ordinario. Todos se realizaron con existencia de proposta anticipada.

En canto ás empresas en concurso, 32 delas son SL, cinco de persoas físicas, catro SA e unha doutro tipo. Do total de empresas concursadas, o comercio polo miúdo é o sector con maior número (9), seguida polo comercio por xunto (7).

As empresas máis afectadas por volume de negocio son as que facturan menos de 250.000 euros (12). Por antigüidade, o maior número de casos está nas que superan os 20 anos (14), mentres que as que contan con menor número de empregados son as que están máis en concurso.

Evolución de empresas e familias en concurso en Galicia. EPDATA
Evolución de empresas e familias en concurso en Galicia. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta