Arde Viana do Bolo: 130 hectáreas queimadas nun incendio activo e 50 noutro xa apagado

Neste concello houbo quen prendeu cinco focos diferentes hai dúas semanas.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 06/08/2020 | Actualizada ás 10:22

Comparte esta noticia

O incendio forestal declarado o pasado luns na parroquia de Pradorramisquedo do municipio ourensán de Viana do Bolo segue activo tras afectar a unhas 130 hectáreas, mentres que na noite deste mércores que quedado extinguido outro que calcinou unhas 50 hectáreas en Rubiais, na mesma localidade. Hai dúas semanas, un pirómano prendía en cinco sitios diferentes provocando distintos lumes.

Así o informou a Consellería do Medio Rural, que sinalou que segue activo o incendio forestal que comezou na mañá do pasado luns na parroquia de Pradorramisquedo en Viana do Bolo e as últimas estimacións sitúan a superficie afectada nunhas 130 hectáreas.

Ata o momento con motivo deste lume mobilizáronse 13 axentes, 36 brigadas, sete motobombas, unha pa, nove avións e oito helicópteros.

Pola súa banda, ás 22,43 horas deste mércores quedou extinguido o incendio forestal iniciado na noite do luns tamén no municipio ourensán de Viana do Bolo, na parroquia de Rubiais. As últimas estimacións sitúan a superficie afectada de 50 hectáreas, delas 47 de monte raso e tres de de arboledo, concretou Medio Rural.

Incendio en Viana do Bolo
Incendio en Viana do Bolo | Fonte: Ejército del Aire.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta