Concentración en Santiago en favor dos migrantes que "sofren violación dos seus dereitos"

A Rede Galega e Apoio as Persoas Refuxiadas promove en Compostela un Círculo de Silencio.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2020 | Actualizada ás 12:12

Comparte esta noticia

A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas promove en Santiago de Compostela un Círculo de Silencio para recordar e denunciar de forma pública e continuada as mortes que provocan as políticas de migración e refuxio dos países da Unión Europa e tamén as de España. E farano cunha concentración este xoves.

Manifestación refuxiados
Manifestación refuxiados

"Os migrantes están sufrindo unha situación irregular administrativamente, cuns servizos públicos de estranxería con máis dun ano de espera, sen posibilidade de abrir contas bancarias e sufrindo ataques e discursos racistas", indica o Foro Galego de Inmigración

É por isto, que a rede convoca ao conxunto da cidadanía galega e compostelá a participar neste iniciativa, que presentará nesta ocasión a Comunidade Parroquial dos Tilos. O Círculo de Silencio terá lugar este xoves, 6 de agosto, as 20:00 h na Praza de Cervantes. 

Todos os primeiros xoves o mes, no mesmo lugar e a mesma hora, convocarase un Círculo do Silencio. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta