O porteiro que iniciou o foco de Arteixo gardará "illamento obrigatorio" e vixiado tras rompelo varias veces

O brote relacionado co ximnasio "parece que se estabiliza", segundo o Sergas

Por Europa Press / Redacción | Arteixo | 06/08/2020 | Actualizada ás 12:55

Comparte esta noticia

O brote de COVID-19 relacionado cun ximnasio situado na poboación de Meicende, no termo municipal coruñés de Arteixo, suma só un caso novo nas últimas horas e o total elévase a 56 contaxiados, co que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) estima que "parece que se estabiliza".

Vehículo da Policía Local
Vehículo da Policía Local

Segundo informou este xoves a área sanitaria da Coruña e Cee, o seguimento dos contactos relacionados con este brote e as súas ramificacións por distintas zonas da área sanitaria levou a realizar só o pasado mércores 466 PCR.

O Sergas sinala que "se segue detectando algún caso relacionado coa contorna familiar de positivos detectados con anterioridade, así como algún caso illado".

Por iso, ante a posibilidade de novos contaxios, a Consellería de Sanidade subliña que "segue traballando co obxectivo de limitar o risco de novas infeccións, tomando as medidas preventivas indicadas nos protocolos aplicables a esta situación".

ORIXE DO BROTE

A orixe do brote sitúase nun usuario dese ximnasio que tamén traballa como porteiro dun pub de Santa Cruz, no municipio de Oleiros.

Precisamente, en relación a este home, este xoves coñeceuse que o Xulgado de Instrución Número 8 da Coruña ratificou o seu "illamento obrigatorio no seu domicilio".

Segundo o auto xudicial con data 1 de agosto, a xuíza ratifica para esta persoa "o illamento obrigatorio no seu domicilio coa finalidade de que se lle aplique a medida sanitaria correspondente e ata que deixe de representar un risco para a saúde pública".

No centro de adestramento situado en Meicende suspendéronse as clases, pero o rastrexo dos contactos realizado pola área Sanitaria da Coruña e Cee orixinou a detección destes novos casos, que xa están illados e en seguimento domiciliario.

Un dos positivos é o dun vixiante do centro cívico de Monte Alto, usuario tamén do ximnasio, así como traballador do matadoiro municipal da Coruña. Por mor dos casos detectados vinculados con este brote pecharon como medida preventiva dous bares da localidade coruñesa da Laracha.

Este brote supón o segundo con máis casos dos detectados en Galicia, só superado polo que obrigou a pechar a comarca da Mariña lucense, con máis dun centenar de infectados por COVID-19.

"CONTINUA AVALIACIÓN"

En relación a este brote, a Consellería de Sanidade puntualizou que "está en continua avaliación", na que interveñen "moitos factores" como a taxa de incidencia acumulada, o número de diferentes cadeas de transmisión que se xeran, se os casos ocorren "en contactos que xa estaban cuarentenados" e a existencia de casos importados, entre outros.

Así mesmo, Sanidade destacou que se teñen en conta tamén indicadores cualitativos como as características especiais dos colectivos afectados, afectación de contornos específicos sanitarios, socio-sanitarios, educativos ou laborais.

Nesta liña, sinalou que "desde o primeiro día" realízanse "todos os controis necesarios: enquisas, rastrexo de contactos, solicitude de probas PCR, etc...", puntualizou Sanidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

1 Ana

Se unha persoa esta de verdade enferma non ten ganas de sair da casa. Mais aqui confinan a persoas "asintomaticas" como se estiveran enfermas simplemente pq dan positivo nun test. Neses test "tan fiables" que mesmo deu positivo unha cabra e unha papaya. Por certo, ¿xa se demostrou cientificamente que existe o "virus" na actualidade?. ¿Pq aqui seguimos coa "nova subnormalidade" cando no resto de Europa estan na "normalidade", e decir, sen bozal nin distanciamento social (Irlanda, Suecia, DInamarca, Noruega, Finlandia,etc)?. ¿Tera algo que ver que somos un pais endebedado que vai pedindo axuda economica?.

1 Padan Fain

Escoria irresponsable

2 Ana

Irresponsables os que aterrorizan con un "virus" que e menos mortal que a gripe comun en todo o planeta, os que obrigan a levar mascarillas a personas sanas e en pleno veran (e sen advertir das consecuencias para a saude de respirar dioxido de carbono), os que arruinan a economia con confinamentos, os que non investigan si e certo o que afirma o "Informe Barbastro" antes de voltar a vacunar da gripe e por ultimo irresponsables os que nos queren vacunar do coronavirus con unha vacuna realizada en tempo record e cando os propios fabricantes da vacuna estan a pedir inmunidade legal. ¿sigo?.

3 Fidelio

Tiñas que estar censurada en todos os medios. Ti e as persoas coma ti vivides no medievo e poñedes en perigo a saúde pública. Unha cousa é opinar sobre o Depor e outra intolerábel é espallar magufadas conspiranoicas antitodo. Non se pode ser tolerante en tempos de pandemia. Quereríate ver soltándolle as túas tolemias a unha amiga miña que perdeu ó pai logo de 45 días entubado nunha UCI en Madrid. A limpar urxencias poñíate eu nunha área COVID, e sen EPI.