Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2020 | Actualizada ás 21:40
A que se debeu a luz intermitente que se apreciou no ceo da Coruña na madrugada de onte? Esa é a pregunta que se fan os usuarios de Twitter que ao longo desta mañá colgaron sendos vídeos dun fenómeno que, segundo os autores das metraxes, tivo lugar dende as 11 da noite do mércores ata, polos menos, as 3 da mañá.
Segundo se pode apreciar nun dos vídeos, gravado -segundo as mesmas fontes- dende a zona de Novo Mesoiro, nos arrabaldos da cidade, a luz apuntada polos usuarios aparece e desaparece de xeito intermitente no ceo da Coruña. Ante estas circunstancias, a maioría dos participantes no fío inclínanse por sinalar á planta da refinaría, cuxa posición sería compatible coa localización dos escintileos.
👉 ¡Visto sobre las tres de la madrugada desde Novo Mesoiro! pic.twitter.com/jUiLCHD00m
— Voces de A Coruña (@vocescoruna) August 6, 2020
En concreto, os tuiteiros apuntan a que podería tratarse dunha purga das chemineas das instalacións. Con todo, a baixa visibilidade da noite de onte -ateigada de nubes- leva a outros internautas a discrepar: "dubido que sexan as antorchas da nave porque se verían", destaca outro veciño.
Supoñemos que unha purga.
— A.V. Novo Mesoiro (@AMesoiro) August 6, 2020
Non é habitual pero tampouco novedoso.https://t.co/ubOlPKjttJ
Dende a planta de Repsol recoñecen estar a desevolver tarefas de mantemento que serían compatibles coas luces intermitentes albiscadas no ceo coruñés. Con todo, apuntan que non lles é posible confirmalo porque "non se coñece o punto xeográfico concreto" dende o que foron tomados os vídeos. En calquera caso, destacan que o fenómeno formaría parte dun proceso "controlado e seguro" que "non supoñería ningún perigo".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.