O Sergas di que "parece que se estabiliza" o brote relacionado co ximnasio de Arteixo

Con todo, non descarta novos casos.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 06/08/2020 | Actualizada ás 15:04

Comparte esta noticia

O brote de COVID-19 relacionado cun ximnasio situado na poboación de Meicende, no termo municipal coruñés de Arteixo, suma só un caso novo nas últimas horas e o total elévase a 56 contaxiados, co que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) estima que "parece que se estabiliza".

Segundo informou este xoves a área sanitaria da Coruña e Cee, o seguimento dos contactos relacionados con este brote e as súas ramificacións por distintas zonas da área sanitaria levou a realizar só o pasado mércores 466 PCR.

O Sergas sinala que "se segue detectando algún caso relacionado coa contorna familiar de positivos detectados con anterioridade, así como algún caso illado". Por iso, ante a posibilidade de novos contagios, a Consellería de Sanidade subliña que "segue traballando co obxectivo de limitar o risco de novas infeccións, tomando as medidas preventivas indicadas nos protocolos aplicables a esta situación".

Ximansio de Meicende, en Arteixo, un dos grandes focos de coronavirus en Galicia
Ximansio de Meicende, en Arteixo, un dos grandes focos de coronavirus en Galicia | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta