Críticas a RTVE por "branquear" a figura do emérito no seu especial: "ténselles que caer a cara de vergoña"

O especial informativo da cadea pública foi recibido con sorpresa e enfado na rede social twitter: "unha puta vergoña".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTE | 07/08/2020 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

Nunha xornada en que a actualidade segue xirando arredor da figura do rei emérito e a súa fuxida, RTVE está a recibir os 'tomatazos' dun bo grupo de usuarios de twitter polo seu tratamento "servil" a Xoán Carlos I no documental "Yo, Juan Carlos I, Rey de España". A metraxe, emitida en prime time na noite de onte na canle pública -e xa dispoñible na rede- levantou a indignación e o enfado daqueles tuiteiros que o consideran "un lavado de cara" á traxectoria do monarca.

O rei emérito
O rei emérito

Entre os internautas críticos co programa figurou a xornalista lucense Ana Pardo de Vera, directora do xornal Público.

Os internautas afearon á corporación pública de medios o seu tratamento benevolente do rei, en particular no tocante á súa relación con Franco.

REXEITAMENTO EN PORTUGAL

A noticia da fuga do monarca vén de colleitar o rexeitamento de diversas formacións políticas alén das fronteiras do estado, como é o caso da formación Bloco de Esquerda, que este xoves publicou un fío na rede social twitter repasando a traxectoria dun personaxe que "non só é corrupto", senón tamén "sucesor do réxime franquista, responsable da morte e a persecución de centos de millares de persoas"

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

3 nostrus

Nadie es 100% bueno ni nadie es 100% malo. El problema reside en que los republicanos genéticos solo se fijan en lo malo aunque solo sea el 1% e ignoren el 99% restante. Lo cierto es que el Emerito consiguió un cpontrato de 7000 millones de euros para empresas españolas y recibió por ello 65 millones, menos del 1%. A mi no me importaria que cualquier político se llevara ese dinero si consigue un contrato de 7000 millones, pero lo cierto es que los politicos se llevan mucho mas sin conseguir nada. De hecho ese deberia ser el modo de cobrar de los politicos, "por resultados" y no por no hacer nada-. Cierto es que Juan Carlos no deberia haber aceptado ese dinero y deberia haber hecho la gestion por amor a su pais, pero los que son genéticamente republicanos en vez de por conviccion, siempre tendrán la misma retraila y nunca serán agradecidos.

1 Casilda

Nostruz, di que "lo cierto es que los politicos se llevan mucho mas sin conseguir nada", seguro? Fortuna da familia Pujol, partindo da burguesía catalana e comisionando, 290 millóns de euros (fonte Policia Española). Fortuna de Juan Carlos Borbón, partindo de 0 en 1975 e comisionando, 1.790 millóns de euros (fontes revista Forbes e Eurobusiness). Custo real POR ANO da monarquía en España: 561 millóns de euros (Amadeo Martínez Inglés, Coronel, escritor, historiador). Nostruz, agradecido submiso, sabes sumar? Ou bailanche os números igual que as letras seguindo a consigna do ultranazionalismo español? Defender un delincuente na xefatura do estado amosa grande calidade democrática e amor aos paraísos fiscais!

2 nostrus

Casilda, que saibas que a república é moito mais cara que a monarquia, por un lado porque non se para de sumar presidentes e expresidentes, ademais de que cada pouco hai que facerlle obras no palacio. A república pode ser tan corrupta e tan antidemocrática como a monarquia, recorda que a Alemaña de Hitler era unha república. Pujol cobraba o 3% das obras despois de inflalas e roubarlle ao pobo esa cantidade. Eu non son ultranacionalista español, tan só son español de Galicia con moita satisfaccion, tanta como a tua desgracia por estar atrapada nun corpo que rexeita ser española sin conseguilo. Sufre o mellor que podas. Si España é un pais bananero, sabe que sodes os nacionáticos os que mais aportades para elo, pero inda asi, e a pesar de vos, España é una gran pais porque a bondade supera a maldade.

3 nostrus

Casilda. Da igual si Juan Carlos foi corrupto ou non, porque vos non sodes republicanos de razón, sodes de xenética. Eu non pido inviolabilaidade para J. Carlos, inda que a teña, pido xusticia. Por certo, co "presidente" Azaña...¿onde marchou todo o ouro?. Seguro que atopas unha explicacion. Por certo, si me chamas fa-cha ou fas-cista, considérame só un espello.

4 Sentidiño

Voxtrus non é fa cha, pero vénnos agora, 80 anos despois, coa reclamación do "ouro de Moscú", coma a Falanxe da primeira época. Voxtrus non é na zionanista, só constitucionalista, coma Casado, Albert Rivera e Rosa Díez. Voxtrus defende a corrupción se hai resultados, coma Fraga, Pujol, Florentino e Villar Mir. Voxtrus vota Ciudadanos.

5 Casilda

A república é máis cara que a monarquía, dime onde hai unha que gaste 561 millóns por ano? Á monarquía quen lle paga os palacios, as viaxes, as recepcións e regalos oficiais? É imprescindible un xefe de estado na república, de verdade? Por menos de 800 euros foi xulgado o ex-presidente alemán Wulff, que semellanzas atopas co Borbón intocable? De onde saen as comisións dos Borbóns senón de inflar contratos e roubar en suministros, ou hai unha caixa B? Ter unha família suprema, hereditaria, intocable e co rei nomeado por un dictador moito antes da Constitución de 1978, non é contra a base da democracia? A satisfacción identitaria, dado o tempo que dedicas a combater con disparates aos que pensan diferente, se cadra eu ríome dela, e ti? No apelo á xenética falas de raza, logo segues o relato do fascismo, tamén no mito do ouro, e aínda negas os suspiros da España imperial?

2 Antimentireiros

Que le pregunten a la aristócrata Pardo de Vera por los cargos de su familia con Franco. O por su hermanita, presidenta de ADIF que tiró dos vagones al SIL el otro dia

1 Alienao

Alguén que teña máis 50 anos pon en dúbida que isto é o franquismo sen franco?