Reaccións Parlamento: Pontón aposta polo diálogo sempre que "se poña por diante os intereses dos galegos"

Puy (PPdeG) destaca o momento "difícil" pola crise sanitaria e fai votos por que o Parlamento "estea á altura". Caballero promete "man tendida" para pactar en "asuntos de país". O presidente da cámara, Miguel Santalices avisa que "non calará ante a estridencia". "Pido colaboración dos deputados, as súas frases deben ter incidencia positiva", apelou.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 07/08/2020 | Actualizada ás 12:58

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG e deputada do XI Lexislatura, Ana Pontón, comprometeuse este venres a catro anos de "defensa dos intereses do país" e "a favor de Galicia" e, neste sentido, garantiu que "por cada crítica" que faga á xestión ou ás medidas, os nacionalistas, que son segunda forza política na cámara, achegarán unha "proposta".

Nas súas primeiras palabras Pontón tivo unha mensaxe para os traballadores de Alcoa que se atopan nun "momento crítico" e que se concentraron ante o Pazo do Hórreo na mañá deste venres coincidindo coa sesión constitutiva da lexislatura.

"Empezamos unha nova lexislatura, vai ser a dA covid e a lexislatura das consecuencias da covid", advertiu Pontón, quen se mostrou preocupada polo inicio de curso, pola atención ás persoas maiores, pola situación dos negocios. Así, comeza unha "lexislatura importante a favor de Galicia, para levantarnos desta crise e pór por diante os intereses dos galegos". Todo iso, asegurou, con "diálogo, cooperación" e coa idea de "sumar a favor dos intereses dos galegos" e facer "fronte aos problemas do país".

Pontón significou que son "importantes os acordos a favor de Galicia" e asegurou que "miles de galegos esperan" que se poñan solucións aos seus problemas encima da mesa. Por iso, avogou por alcanzar "grandes acordos, sumar para que as cousas vaian a mellor desde o noso país".

Ana Pontón, portavoz nacional do BNG e futura portavoz do Grupo Parlamentario do BNG no XI Lexislatura
Ana Pontón, portavoz nacional do BNG e futura portavoz do Grupo Parlamentario do BNG no XI Lexislatura

PUY

O deputado e revalidado portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, destacou que a XI Lexislatura arrinca nun "momento difícil" debido a situación derivada do coronavirus e estará marcada, entre outras cuestións, por "previr, loitar e conter" o virus e, cando haxa unha vacina ou remedio médico, "superar" a crise sanitaria.

Ademais, puxo o acento na "crise económica importante", como consecuencia da actividade, e sinalou os retos sanitarios e económicos que, xunto o resto de problemas que están encima da mesa, é preciso "ser capaces de resolver de forma coordinada".

Así, tamén tivo palabras para a situación dalgunhas empresas e industrias, como Alcoa --cuxos traballadores se concentraron ante as portas do Parlamento na mañá deste venres--. "Neste momento é máis importante que nunca defender o tecido industrial, empezando polo traballo en Alcoa", sinalou.

Puy Fraga non pasou por alto que tamén será unha lexislatura na que hai que afianzar a "loita contra o cambio climático" e na que hai que lograr impulsar a capacidade innovadora do país "e seguir mellorando a boa gobernación".

Neste sentido, defendeu a coordinación coa administración central como unha necesidade de potenciar, posto que "ese baleiro que hai no sistema español de como se coordinan os traballos, ten custos altos cando nos temos que enfrontar a unha ameaza conxunta como é a pandemia do covid".

"Isto é o que, fundamentalmente, vai marcar a lexislatura", dixo Pedro Puy, quen esperou que toda a cámara "estea á altura". "E iso esixe unha responsabilidade certamente de capacidade de diálogo non só coas forzas políticas, senón co conxunto da sociedade, representantes sindicais, empresarios, traballadores....", sentenciou.

GONZALO CABALLERO

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, afirmou este venres que os socialistas terán a "man tendida" para "alcanzar acordos en temas de país que necesiten a colaboración co Goberno".

En declaracións aos medios tras participar na constitución do Parlamento para o seu XI lexislatura, o líder do PSdeG afirmou que farán tamén "a oposición máis esixente en defensa dos servizos públicos e as políticas de recuperación ao servizo das persoas" e para "garantir que ninguén quede atrás" na saída da crise xerada pola COVID-19.

Os socialistas, agregou, traballarán con "compromiso, vontade e paixón" por "unha Galicia mellor", nunha lexislatura que estará marcada pola pandemia e que expón "grandes retos e unha necesidade de mellores políticas públicas.

SANTALICES

Pola súa banda, Miguel Santalices suliñou que o seu obxectivo é facer do Parlamento unha "caixa de reflexión" para elaborar novas políticas, facer pedagoxía" e representar a unha cidadanía preocupada pola enfermidade e a crise derivada.

A actual é, segundo os datos económicos, unha "crise de profundidade", dixo Caballero. Por iso, promete que os socialistas traballarán "con lealdade e responsabilidade" e farán unha defensa da saúde por diante de todo".

"Cumpriremos con Galicia para que ninguén quede atrás", asegurou e sinalou que, por iso, ofrece colaboración en asuntos "prioritarios de país".

O recentemente elixido presidente do Parlamento para o XI Lexislatura, Miguel Santalices, proclamou que esta que comeza "debe de ser a lexislatura das persoas" e advertiu de que os discursos que "calan" son os que teñen "contido". "Non cala a estridencia", advertiu, tras sinalar que "acabamos de comprobalo".

Nas súas primeiras palabras ante o novo hemiciclo tivo un recordo para todas as vítimas do covid-19 e as súas familias, así como todos os falecidos durante esta pandemia que non puideron ser despedidos polos seus seres queridos. Así, quixo dedicar, nesta sesión constitutiva, un minuto de silencio que os deputados gardaron antes de escoitar e cantar o Himno de Galicia, co que concluíu a sesión.

Santalices, veterano deputado desde o V Lexislatura, saudou aos novos membros do hemiciclo e quixo pedir "desculpas" por unha sesión na que os invitados foron recolocados en salas anexas, unha imaxe inédita na cámara, na que os escanos están separados por biombos.

No seu discurso, Santalices pediu aos deputados que fagan discursos que incidan na necesidade de manter a seguridade e saúde das persoas. "Pido colaboración dos deputados, as súas frases deben ter incidencia positiva", apelou o presidente da Cámara, quen tivo palabras tamén para os traballadores do Pazo do Hórreo, unha casa da que presumiu ser un dos maiores coñecedores: "poucas persoas pode haber que lle queiran tanto".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Eso, que se poñan por diante os intereses dos galegos, tamén os de Ribadeo ! https://twitter.com/00Gamela/status...

1 Alienao

Que diálogo pode haber co rodillo da maioría absoluta?