Os Orzamentos Participativos de Ames contarán este ano con axudas á muller, a cultura e ao medioambiente

A veciñanza poderá participar e presentar as súas propias propostas en asembleas territoriais.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/08/2020 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

O alcalde de Ames, José Miñones, a concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero e o concelleiro de Participación Cidadá, Víctor Fernández foron os encargados de presentar aos medios o novo proceso de Orzamentos Participativos do Concello de Ames

O Salón de Plenos do Concello acolleu a presentación dos Orzamentos Participativos (OP) para o ano 2020.
O Salón de Plenos do Concello acolleu a presentación dos Orzamentos Participativos (OP) para o ano 2020. | Fonte: Concello de Ames

No transcurso da presentación, o alcalde manifestou a importancia de aportar ideas e proxectos a través dos Orzamentos Participativos e destacou que aínda que non sexan elixidos para facer a través deste programa quedan aí e poden executarse doutros xeitos.

Pola súa banda, a concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero amosou a ilusión que lle facía comezar de novo o proceso de Orzamentos Participativos: "Comezamos con ilusión os novos OP2020, e imos traballar ademais do noso Rural e Mocidade, en áreas novas como Muller, Cultura e Medioambiente, áreas transversais que enriquecerán sen dúbida a iniciativa dos OP. Convidamos a toda a veciñanza a que participe e presente as súas propostas."

Víctor Fernández, concelleiro de Participación Cidadá, salientou a importancia das asembleas territoriais que se materializarán en 13, unha por cada unha das parroquias e das vilas de Bertamiráns e Milladoiro.

200 MIL EUROS PARA O ORZAMENTO DE 2021

As actuacións desenvolveranse ao longo do 2021 segundo as seguintes cantidades: 120.000€ para investimentos no conxunto do rural; 40.000€ para investimentos dirixidos á mocidade; 10.000€ destinados a actividades ou programa dirixidos á mocidade, 10.000€ destinados actividades ou programas dirixidos á muller; 10.000€ destinados a actividades ou programas dirixidos á cultura; e 10.000€ destinados a actividades ou programas dirixidos ao medio ambiente.

COMO PARTICIPAR NOS ORZAMENTOS

Facendo propostas e votando as propostas. Calquera persoa, sen límite de idade, pode facer propostas de investimentos, actividades ou programas. Para votar as propostas hai que estar empadroado en Ames e ter os 16 anos cumpridos. No caso dos investimentos e actividades para a mocidade só poderán votar as persoas que teñan como máximo 30 anos cumpridos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

Non está mal repartir 200.000 entre 13 parroquias, claro que non sabemos canto se reparten os SEIS tenentes de alcalde deste Concello Singular (?) https://www.concellodeames.gal/site... Descoñezo por completo como funcionan pero de entrada parece raro tanta unanimidade na esquerda (?) Estaremos atentos aos resultados dos Orzamentos Participativos en Ames

1 Gamelao

Os Orzamento participativos levan 2 anos levantando proxectos en Ames, como por exemplo o anfiteatro do Milladoiro, obra feita cos Orzamentos Participativos da partida levada por Mocidade. https://www.concellodeames.gal/gl/t...