Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 07/08/2020 | Actualizada ás 15:18
O Concello da Coruña cancelou o Festival Noroeste Estrella Galicia, que comezaba na noite deste venres, tras as novas medidas sanitarias anunciadas polo Sergas este mediodía.
Fontes municipais confirmaron a decisión e avanzan que están a estudar se anularán tamén o resto do programa de festas.
O programa do festival para esta noite incluía os concertos de Triángulo de Amor Bizarro na praza de María Pita ou de Laura Lamontagne&Picoamperio no parque de Santa Margarita, entre outros. Os eventos estendíanse ata o domingo pola noite nunha versión XS, reducida, do festival, que chegaba á súa edición número 34 este ano.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.