Posibilidade de chuvias na costa norte galega

Haberá cambio atmosférico nos vindeiros días.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 10/08/2020 | Actualizada ás 09:53

Comparte esta noticia

As temperaturas descenderán este luns na maior parte de Galicia e haberá posibilidade de choiva no litoral norte de Galicia, segundo a predición da Axencia Estatal de Metereoloxía (AEMET).

Néboa na A-8, a Autovía do Cantábrico, no Alto do Fiouco. AXM
Néboa na A-8, a Autovía do Cantábrico, no Alto do Fiouco. AXM

Con todo no litoral  sur e oeste de Galicia as temperaturas cambiarán pouco ou tenderán a subir.  Durante a xornada, no norte de Galicia e área cantábrica, os ceos estarán nubrados, e haberá probabilidade de choivas débiles. No resto da Península, prevese predominio de pouco nubrado, con intervalos de nubes medias e altas.

Ao longo do día irase formando nebulosidade de evolución diúrna en boa parte do interior norte e centro-oriental peninsular, con probables chuvascos e treboadas que poderían ser localmente fortes no Cantábrico oriental, alto Ebro, sistema Ibérico e Pireneos.

Por último, prevense ventos alisios en Canarias; vento do norte en Galicia; de compoñente leste no litoral do Levante, Almería e Baleares; vento frouxo en xeral no resto, tendendo a compoñente sur no interior peninsular en horas centrais, nas que soprará con certa intensidade; e refachos de vento forte ou moi forte en zonas de treboada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta