Preto de 30.000 empresas galegas reciben máis de 4.500 millóns de euros de financiamento do ICO

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2020 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

Un total de 29.744 empresas galegas recibiron nos últimos catros meses 4.537,8 millóns de euros en financiamento da liña de avais do Instituto de Crédito Oficial (ICO) habilitada para a recuperación económica ante o impacto do coronavirus.

Segundo informa a Delegación do Goberno nun comunicado, Galicia é a sexta comunidade cun maior financiamento garantido, nunha liña con 100.000 millóns para todo o Estado.

Por provincias, A Coruña tivo un financiamento garantido de 1.853,7 millóns; Pontevedra, 1.659,7 millóns; Ourense, 621,9 millóns; e Lugo, 411,4. A maior parte das operacións avaladas corresponden a persoas que traballan por conta propia e pemes. Este financiamento permite formalizar máis de 44.000 operacións.

Pola súa banda, o Goberno abre unha nova liña de avais para investimentos dotada con 8.000 millóns de euros e a Delegación anima ás empresas galegas a aproveitala.

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, reúnese cos presidentes autonómicos por videconferencia
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, reúnese cos presidentes autonómicos por videconferencia | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta