Condenan á Xunta a convocar concurso de licencias de radio dixital tras 20 anos paralizado

Unha sentenza dálle a razón a Audiovisuais Arousa S.L. e apunta que a Xunta infrinxe a pluralidade de medios.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2020 | Actualizada ás 21:32

Comparte esta noticia

O pasado 27 de xullo de 2020 ditouse a Sentenza No 451/2020 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na que se condena á Xunta de Galicia a convocar as licenzas de radiodifusión sonora dixital terrestre que lle foron asignadas hai case 20 anos.

Radio.
Radio.

Os feitos remóntanse á negativa da Xunta a abrir o espectro á iniciativa privada pola solicitude dunha empresa local galega, AUDIOVISUAIS AROUSA S.L. A pesar de razoar a obrigación que teñen as autoridades de convocar as licenzas audiovisuais sen adxudicar, a administración desestimou presuntamente a petición de AUDIOVISUAIS AROUSA S.L. por silencio administrativo.

Ante iso, a empresa interpuxo recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. En concreto ante a Sala do contencioso-administrativo, atribuíndose o estudo do preito ao Maxistrado finalmente designado.

ARGUMENTOS

Os argumentos da batalla xudicial radicaban, entre outros, pola emisora de radio, no recoñecemento do deber de convocar as licenzas audiovisuais sen outorgar con independencia dos motivos que deron lugar a esa situación, na xurisprudencia asentada polo Tribunal Supremo, na infracción da pluralidade de medios ao negarse a convocar concursos audiovisuais, deixando aos cidadáns sen oferta radiofónica e ao mercado audiovisual galego bloqueado e na lexislación que non regulou o espectro radioeléctrico para que poda quedar sen utilizar.

Por parte da Xunta, entre outros, esgrimiu as dificultades de implantación da tecnoloxía de radiodifusión sonora dixital, a falta de necesidade de licenzas porque se escoita radio a través de internet, as dúbidas sobre a viabilidade económica radiodifusión dixital en España porque pasaron 18 anos desde que se outorgaron as concesións e a falta de interese dos radiodifusores.

A SENTENZA NON É FIRME

A Sentenza non é firme e pode ser recorrida pola Xunta ante o Tribunal Supremo, pero con este fallo, AUDIOVISUAIS AROUSA S.L., logrou abrir o procedemento de concorrencia para que os distintos prestadores galegos poidan acceder ás novas licenzas de radio dixital tal e como se está facendo na a Unión Europea.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 anonimo 2

Políticos e pluralidade são duas verbas que não se levam muito bem. Sucede o mesmo com as propostas das mudanças dos sistemas eleitorais, alguém conhece uma soa proposta de um político na qual não saia beneficiado esse político?

1 Eduardo Martínez.

Espero que esta y otras sentencias sirvan para desbloquear la Radio Digital Terrestre en España. Cuando se realizó la reducción transitoria de cobertura ¡En junio de 2011! la radio digital parecía haber fracasado. Sin embargo, nueve años después, en la mayor parte de países de Europa (¡E incluso en varios de África!), la digitalización de la radio avanza imparable.