Técnicos de prevención de incendios protagonizan unha nova protesta mentres seguen en folga indefinida

Critican a falta de avances coa Xunta para conseguir un novo acordo que mellore as súas condicións de traballo.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/08/2020 | Actualizada ás 19:38

Comparte esta noticia

Técnicos do servizo de prevención de incendios forestais da Consellería de Medio Rural realizaron este martes unha nova protesta mentres manteñen a folga indefinida que iniciaron o pasado 1 de agosto ante a falta de avances coa Xunta para conseguir un novo acordo que mellore as súas condicións de traballo.

Incendio de Navia de Suarna
Incendio de Navia de Suarna | Fonte: @INCENDIOSGALIC1

A concentración deste martes --convocada por CC.OO., UGT, CIG e CSIF-- levouse a cabo en Ourense ante o centro de coordinación provincial de incendios forestais. Ao longo da semana tamén as realizarán no resto de provincias.

Os traballadores quéixanse de que "despois de 11 días de folga indefinida, a Consellería do Medio Rural segue sen dar sinais de querer resolver este conflito pola vía do diálogo".

"Estamos a falar de negociar melloras organizativas do servizo, unha maior dotación de medios técnicos e humanos, así como melloras en condicións de traballo, que, sen dúbida pretenden mellorar o servizo de prevención de incendios forestais e pór en valor o medio rural galego".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta