A área da Coruña rexistra 28 ingresos hospitalarios por covid nun só día

Galicia contabiliza un total de 40 novos ingresos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2020 | Actualizada ás 17:15

Comparte esta noticia

Os pacientes con coronavirus COVID-19 ingresados aumentaron en Galicia a 40 este mércores --28 deles na área da Coruña e Cee--, dos cales tres permanecen na UCI. Segundo os datos facilitados polas áreas sanitarias este mércores, na da Coruña e Cee dos 463 casos activos, 26 permanecen ingresados en planta do Chuac e outros dous no Hospital Quirón. Ademais, rexistráronse outras 4 altas e logo da realización de 789 PCR.

Na área de Vigo hai 116 pacientes con COVID-19, dos que un está na UCI e tres noutras unidades de hospitalización tamén no Hospital Álvaro Cunqueiro, mentres 112 permanecen en seguimento no seu domicilio. Ata a data curáronse 2.225 pacientes. Pola súa banda, na provincia de Ourense os casos activos ascenden a 54, tres deles pacientes ingresados no HUO e 51 en seguimento a domicilio. Ata a data, esta área suma 2.086 casos, 1.899 pacientes curados e 133 falecementos. As PCRs sitúanse en 37.516.

Na área de Lugo, A Mariña e Monforte os casos activos sitúanse en 84 --catro máis que este martes--, dos cales catro persoas están hospitalizadas --dúas no HULA e dous no Hospital Público de Monforte--, mentres 80 permanecen en seguimento domiciliario --tres máis que a xornada pasada--. Ata a data na provincia de Lugo rexistráronse 29 falecementos e 1.243 persoas de alta ou curadas, apuntaron as mesmas fontes sanitarias.

Na área de Pontevedra e O Salnés non hai este mércores pacientes con COVID ingresados e os 45 casos que rexistra evolucionan nos seus domicilios. Desde o inicio do plan de continxencia do COVID-19 curáronse 929 pacientes --sen cambios desde este martes-- e faleceron con este virus 16 persoas. En canto ao brote en Caldas de Reis, por parte desta área sinalaron que se mantén ata o momento "sen novidade".

Na área de Santiago e Barbanza hai 45 casos activos, un deles un paciente hospitalizado, e rexistráronse 1.823 curados. Ademais, ata a data realizáronse 40.320 PCR.

Hospital da Coruña. EUROPA PRESS - Arquivo
Hospital da Coruña. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta