A Xunta prohibirá fumar ao camiñar pola rúa ou en terrazas se non hai distancia de seguridade

A medida, aínda por concretar, entrará en vigor esta medianoite e afectará a todo o territorio.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2020 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

O comité clínico de expertos en materia de prevención da COVID-19 abordou na súa reunión deste mércores a posibilidade de prohibir fumar mentres se camiña pola rúa ou se está en espazos públicos permitidos --como terrazas-- se non se garante a distancia de seguridade. Así o explicou, durante unha rolda de prensa posterior ao encontro, o presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijóo, que detallou que os expertos consideran o fume do tabaco "un factor de difusión" do virus.

"Os membros do comité coinciden en que fumar sen limitación nunha terraza con persoas próximas ou en zonas sen distancia é un risco alto de infección", dixo Núñez Feijóo, que aposta por "prohibir fumar nas rúas ou en lugares públicos nos que a distancia non é posible", así como "cando se estea en tránsito ou en movemento".

Por iso, na orde que se publicará no Diario Oficial de Galicia na tarde deste mércores, avanzou o presidente, incluirase unha medida deste tipo, que se concretará tras as consultas pertinentes e que afectará a toda Galicia a partir da medianoite. "O lóxico é non poder fumar", finalizou Núñez Feijóo.

Do mesmo xeito, na orde do DOG tamén se precisará se, finalmente, se amplía a máis concellos a orde de peche do lecer nocturno, que, actualmente, afecta a nove municipios da comarca da Coruña: A Coruña cidade, Arteixo, Culleredo, Oleiros, Cambre, Sada, Carral, Abegondo e Bergondo.

Apagando un cigarro
Apagando un cigarro | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

6 Gustavo

Esto, na práctica, quere decir que nunha terraza só poderá fumar unha persoa que esté sentada ela soa, e a 2 m doutra mesa ou persoa. Ou sexa, que ninguén que fume, nun grupo de 3, 4 persoas, ou coa sua parella, a quen "lle fuma" na casda, poderá facelo. Unha norma pensada co cú. Hoxe contei a xente que fumaba nunha terraza, donde eu estaba. 5 mesas, en todas xente fumando. Vanlle facer un gran favor aos bares, porque moita da xente que consume e sae, fuma. E sanitariamente, un capricho sen apenas fundamento.

1 Gamela

As recomendacións da OMS van por non compartir cigarrillos convencionais nin electrónicos e sobre o risco de levar as mans á boca cando se fuma. Pero non alerta sobre a transmisión do coronavirus, xa que non existen estudos sobre este tema. https://www.gciencia.com/extra/a-xu... Efectivamente a próxima norma será : prohibido bicar á túa parella !

5 Gamela

Sí agora imos inventar a pólvora ! Se o fume do tabaco é un factor de risco de infección seguramente as partículas dos tubos de escape teñen moita máis incidencia en mortes por insuficiencias respiratorias e non vexo que ninguén prohiba lanzalas ao aire con moita soltura! Pero temos ademáis que o Estado recada uns 9.000 millóns cada ano polos impostos especiais das labores do tabaco! E ninguén sabe onde se meten eses cartos cada ano? Facenda recada o 80% en canda paquete de tabaco !!! Está moi feo facer negocios coas adiccións da xente e logo botarlles a eles as culpas !!! Está moi pero que moi feo !!!

4 Sentidiño

En canto ao de "camiñar pola rúa", a máscara é obrigatoria, polo que xa estaba prohibido fumar... Trátannos coma idiotas.

3 Sentidiño

A máscara é obrigatoria a menos de dous metros. O DOG de hoxe anuncia que a podes quitar para fumar se estás a dous metros. Cal é o avance? Ningún. Pero coma sempre, a prensa de Madrid, grupo Prisa incluído, aplaude coas orellas a "política da nada" de Feixóo.

2 Un médico

Evidentemente hai outros factores pero todo suma. Ah! E para os que negan e falan de Suecia como exemplo deberían actualizarse pois é un desastre e incluso non os queren nos outros países nórdicos. A pesar dunha densidade de poboación baixa e con moita vivenda individual. E si, quizá non é tan letal como a gripe pero infecta moito, moito máis e colapsa a sanidade co cal ao final a mortalidade é superior, moito. Por falta de coidados. Por imposibilidade. E morren novos tamén. Máis que coa gripe, coa que tamén morren.