Trece casos de COVID detectados nun campamento de verán dentro da área de Ferrol

Os afectados ata o momento ascenden a 13, todos eles en seguimento en domicilio. Tres deles son monitores, dous menores e oito contactos dos anteriores. Non todos os positivos pertencen ao municipio de Cerdido, matizou Sanidade, "senón que se estenden por outros".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2020 | Actualizada ás 17:51

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade identificou un brote relacionado cun campamento de verán en Cerdido  con 13 casos positivos na área sanitaria de Ferrol, deles tres corresponden a monitores e dous a menores.

Así o informou a Consellería de Sanidade, que concretou que se trata dun brote identificado na área Sanitaria de Ferrol no 'Campamento de Verán 2020' que organiza a Sociedade Cultural Airiños dos Carrís e o AMPA do colexio Os Carrís.

Os afectados ata o momento ascenden a 13, todos eles en seguimento en domicilio. Tres deles son monitores, dous menores e oito contactos dos anteriores. Non todos os positivos pertencen ao municipio de Cerdido, matizou Sanidade, "senón que se estenden por outros".

Sanidade destacou que "se suspendeu a actividade do campamento". E sinalou que "desde o primeiro momento", a área Sanitaria de Ferrol activou os protocolos de procura de contactos e, engade, "continúa realizándoos ata que se finalice a positividad no rastrexo".

Ademais, Sanidade lembra á poboación a necesidade de corentena de 14 días se foi contacto estreito dun caso positivo, independentemente do resultado do test que se lle practique.

PECHE DE ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA

Ademais, tras a situación xerada, algúns establecementos de hostalaría da zona pecharon as súas portas, xa que estes lugares adoitan ser lugar de reunión dos veciños do municipio de Cerdido que apenas supera os 1.000 habitantes.

Este concello é limítrofe coas Somozas e Moeche, tres dos municipios con menos número de habitantes da comarca.

Persoal sanitario Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo
Persoal sanitario Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta