O BNG, a favor da comisión de investigación sobre as mortes en residencias

"Hai moitas cuestións que seguen sen aclararse", suliña.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/08/2020 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

O BNG anunciou este mércores que unha das primeiras cuestións que pedirá no Parlamento de Galicia será a posta en marcha dunha comisión de investigación sobre o ocorrido nas residencias de maiores de Galicia durante a pandemia.

Unha técnica sanitaria nunha residencia
Unha técnica sanitaria nunha residencia | Fonte: EP

Despois de que na xornada do martes, Rede, a asociación de familiares de usuarios e residentes pedisen aos grupos parlamentarios a activación deste órgano tras publicar Galicia Confidencial que houbo sedación de maiores e cambios en historiais clínicos en residencias, a responsable de Sanidade do BNG, Montse Prado considerou necesario "ver que se fixo e aprender destes erros".

"A día de hoxe son moitas as cuestións que seguen sen aclararse e que pon en evidencia que un modelo privatizador como o do PP na Xunta ten unhas consecuencias tremendas para a poboación", censurou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta