A Deputación de Pontevedra anuncia un investimento de 34 millóns na Rede Provincial de Estradas

A Rede Provincial de Estradas é, con 1.700 quilómetros, a máis extensa da provincia e supera á suma das estradas nacionais e autonómicas, indicou a institución.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/08/2020 | Actualizada ás 15:58

Comparte esta noticia

O deputado provincial Carlos López Font fixo balance este xoves en rolda de prensa das actuacións en marcha e as previsións para este ano, á vez que anunciou que "máis de 34 millóns de euros destínanse á Rede Provincial de Estradas".

Segundo comentou, inclúense obras nos viarios, convenios con concellos para crear senllas peonís, humanizacións, urbanizacións e actuacións de mantemento e conservación.

López Font destacou que a Deputación de Pontevedra mobiliza este ano 60 millóns de euros para "transformar a provincia e convertela nun referente de mobilidade segura do século XXI". Neste cómputo xunto aos 34 millóns para as estradas provinciais sumou outros 26 millóns de euros pertencen aos plans DepoRemse, de Mobilidade Segura en Vías Municipais, que conta con 11 millóns, e ao Plan de Reequilibrio de Dotacións e Equipamentos Municipais, de 14,8 millóns.

Deste xeito, Font anticipou os recursos mobilizados directamente pola Deputación, sen ter en conta os 29,7 millóns de euros da Liña 1 do Plan Concellos 2020 que se transfiren aos concellos e que redundan, tamén, en infraestruturas no ámbito municipal.

"É imposible viaxar polo territorio provincial e non atoparse con infraestruturas construídas con fondos da Deputación", sinalou o deputado socialista, é unha institución "líder en licitación de obra pública".

Citando datos do Ministerio de Facenda, Font destacou que a Deputación de Pontevedra é o órgano provincial "que máis fondos transfire aos concellos para que sexan estes os que liciten as súas propias obras", concretamente un 33% do orzamento anual.

Ademais, segundo un recente informe da Federación Galega da Construción, a Deputación de Pontevedra representa a institución pública de Galicia que máis obra adxudicou a empresas galegas durante o 2019 (un 99,4% do total). A Rede Provincial de Estradas é, con 1.700 quilómetros, a máis extensa da provincia e supera á suma das estradas nacionais e autonómicas, indicou a institución.

Rolda de prensa da Deputación de Pontevedra sobre infraestruturas.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Rolda de prensa da Deputación de Pontevedra sobre infraestruturas.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

E non fala do Convenio co Concello de Vigo e a Escola de Canteiros de Poio para a construción e instalación dun Sagrado Corazón de Xesús de 6 metros de altura en pedra para colocalo no santuario da Virxe da Guía en Vigo (?) Eso sí que é un proxecto de futuro (?)