Unha persoa resulta ferida ao quedar atrapada nun vehículo logo de saír da vía en Porto do Son

O 112 Galicia rexistrou un accidente no que se viron implicados un coche e unha bicicleta na estrada N-550 en Padrón, cun ciclista ferido, que estaba consciente e estable.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/08/2020 | Actualizada ás 16:54

Comparte esta noticia

Persoal de emerxencias rescatou este xoves a unha persoa que quedou atrapada dentro dun turismo despois de sufrir un accidente na estrada AC-550 ao seu paso por Porto do Son

Segundo informou o 112 Galicia, tratouse da saída de vía dun coche no lugar da Lagoela, cara onde se dirixiu o operativo activado tras recibir o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias a chamada de alerta dunha testemuña do accidente.

Ante a dificultade de sacar á persoa do interior do turismo, relataron as mesmas fontes, foron avisados os Bombeiros de Ribeira e Boiro, que liberaron á ferida e facilitaron a súa atención por parte do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Este operativo, que se puxo en marcha ás 12,30 horas deste xoves, contou, ademais, coa colaboración de voluntarios de Protección Civil da localidade e axentes da Policía Local e Garda Civil de Tráfico.

CICLISTA

Por outra banda, o 112 Galicia rexistrou unha hora antes outro accidente, no que se viron implicados un coche e unha bicicleta na estrada N-550 ao seu paso por Iria Flavia, en Padrón, cun ciclista ferido, que estaba consciente e estable.

O ferido foi evacuado nunha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aínda que se chegou a mobilizado un helicóptero medicalizado. Co equipo médico colaborou unha dotación do GES de Padrón e axentes da Garda Civil de Tráfico.

Páxina web 112 Galicia
Páxina web 112 Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta