Denuncian a prohibición de acceso a familiares nas residencias DomusVi de Santiago e Vigo

Advirte que de non dar marcha atrás a esta decisión levará á Xunta e a DomusVi ós xulgados.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 13/08/2020 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

Rede, a Federación Galega de Asociacións de Familiares e Usuarias de Residencias e da Dependencia, denuncia a prohibición de acceso dos familiares ás residencias DomusVi Barreiro, en Vigo, e DomusVi San Lázaro, en Santiago, sen razóns aparentes.

Unha muller na residencia DomusVi San Lázaro (Santiago). DOMUSVI
Unha muller na residencia DomusVi San Lázaro (Santiago). DOMUSVI

Nun comunicado, esta entidade denuncia que os familiares foron informados o martes pola mañá da imposibilidade de ver aos seus maiores internos.  “Pero non hai razóns para facelo porque nin hai casos positivos nestas residencias, nin se supera a cota epidemiolóxica nas poboacións respectivas”, denuncia a entidade.

“Toma estas medidas restrictivas para tapar a gravísima situación real nas residencias: non hai persoal suficiente para garantir a contención da pandemia”, di. Neste sentido, lembra que a carga de traballo medrou sensiblemente coa pandemia, pero o persoal segue a ser o mesmo, ou menos, “e está agotado física e sicolóxicamente tralo bestial impacto nestas dúas residencias onde morreron 100 anciáns entre marzo e abril”.

Por iso, os colectivos de familiares piden as dimisóns das directoras destas dúas residencias por fechar ou restrinxir as visitas de familiares violando a normativa vixente. Tamén critica á Xunta porque “Sanidade e Política Social dan mostras de complicidade neglixente ó permitir estas medidas desproporcionadas que non amparan as normas publicadas pola Xunta de Galicia en maio”, di a entidade nun comunicado.

Por iso, Rede pídelle á Xunta que corrixa as "anómalas actitudes" das direccións de DomusVi, e avisa que de non ser así levará á Xunta e a DomusVi ós xulgados. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Volvemos a empezar... volvemos secuestrar, tapar, ocultar as carencias na atención aos nosos maiores...? Ata que algún lle prenda lume á Residencia non imos aprender NADA !