Galicia pechará o lecer nocturno a partir da madrugada de domingo a luns

A Xunta está aínda á espera de que o Ministerio de Sanidad lle traslade por escrito as actuacións acordadas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/08/2020 | Actualizada ás 20:27

Comparte esta noticia

O peche total do lecer nocturno na comunidade galega farase efectivo a partir da medianoite do domingo. En concreto, a medida estará en vigor a partir das 00.00 horas, a madrugada do luns. É dunha das medidas pactadas na reunión extraordinaria do Consello Interritorial do Sistema Nacional de Saúde celebrada este venres.

Segundo trasladou o Executivo autonómico, a Xunta está aínda á espera de que o Ministerio de Sanidade lle traslade por escrito as actuacións acordadas no encontro e de coñecer os termos finais e os pormenores de aplicación das diferentes medidas.

O Goberno galego está a preparar o borrador do Diario Oficial de Galicia no que se recollan estas novas actuacións, que espera publicar este sábado, aínda que xa avanza que este venres e sábado serán as últimas xornadas nas que este tipo de locais poderá abrir durante a noite.

Este peche xa se aplica na comarca da Coruña, que é a zona que máis preocupa á Xunta desde o punto de vista epidemiolóxico.

O Ministerio e as comunidades fixaron o peche de todas as discotecas, salas de baile e bares de copas con e sen actuacións en directo. Tamén estenderon a prohibición de fumar se non se pode gardar dous metros de distancia de seguridade, tal e como aprobaron Galicia ou Canarias en pasadas xornadas.

Interior dunha discoteca
Interior dunha discoteca

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta