O Concello de Dodro inaugura a primeira fase de sinalización que porá en valor o seu patrimonio

A iniciativa consiste en sinalizar mediante placas informativas diferentes puntos de interese patrimonial, histórico, etnográfico e literario.

Por Galicia Confidencial | Dodro | 14/08/2020 | Actualizada ás 23:42

Comparte esta noticia

O Concello de Dodro presentou a primeira fase do seu proxecto de sinalización para o conxunto do seu patrimonio cultural, histórico e de rutas literarias. Esta primera parte do plan de sinaléctica patrimonial foi presentada este pasado xoves 13 de agosto polo concelleiro de Cultura Xoán Xosé Vicente, que tamén é catalogador de patrimonio.

Inauguración da primeira fase de sinalización do patrimonio de Dodro
Inauguración da primeira fase de sinalización do patrimonio de Dodro | Fonte: Concello de Dodro

O acto de presentación da iniciativa tivo lugar na igrexa parroquial de Santa María de Dodro, que é un dos elementos sinalizados dentro desta primeira fase. O conxunto de obras sinaladas recolle recursos turísticos, patrimonio relixioso e rutas literarias e arqueolóxicas.

En total son once puntos de información distribuídos entre tres igrexas, Santa María de Dodro, San Xoán de Laíño e San Xián de Laíño; tres capelas, San Amaro de Bexo, San Xosé de Imo e a capela da Virxe do Leite, a Cruz do Abelán, e tres rutas literarias e arqueolóxicas, Os días olvidados, Pensa Nao e “Ruta de Bustelo e Pozo Bastón” que inclúe información tamén do Cruceiro de Bustelo.

A sinalización consiste en paneis de aceiro que inclúen información básica sobre o recurso ou elemento patrimonial, e un código QR que enlaza coa páxina web https://www.obaixoulla.gal/ onde se pode ver a información con moito mais detalle.

Con esta iniciativa a Concellería de Cultura e Patrimonio de Dodro quere pór en valor o patrimonio local para conseguir que a veciñanza e a xente que visite o Concello coñeza os valores cos que conta e así tamén poder conservar e protexer estes recursos. Para as seguintes fases procederase á sinalización dos cruceiros mais antigos e con mais tradición oral, así coma fontes, lavadoiros, hórreos e recursos arqueolóxicos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta