As vítimas por COVID elévanse a 624 en Galicia logo da morte dun home ingresado en Pontevedra

Degundo os datos facilitados pola administración galega, trátase dun home de 69 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/08/2020 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia



Unha nova vítima rexistrada este sábado eleva o cómputo de falecidos con COVID-19 na comunidade galega a un total de 624 mortes.

En concreto, segundo os datos facilitados pola administración galega, trátase dun home de 69 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario de Pontevedra e que presentaba patoloxías previas.

A última morte comunicouse este xoves, a doutro home de de 90 anos de idade na área sanitaria de Ourense.

Hospital Montecelo de Pontevedra. SERGAS
Hospital Montecelo de Pontevedra. SERGAS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta