Un choque entre dous vehículos deixa un ferido de consideración en Vimianzo

O accidente produciuse minutos antes das 7,00 horas na estrada que vai de Vimianzo á Coruña e foi un particular o que deu o aviso ao 112.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/08/2020 | Actualizada ás 10:40

Comparte esta noticia

Un home resultou ferido de consideración e trasladado ao Hospital Virxen da Xunqueira este domingo tras o choque frontal entre un turismo e unha furgoneta en Vimianzo, informou o 112.

O accidente produciuse minutos antes das 7,00 horas na estrada que vai de Vimianzo á Coruña e foi un particular o que deu o aviso ao 112, que solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os bombeiros de Cee, Protección Civil da localidade e o servizo de mantemento da estrada.

Por outra banda, o 112 indicou que cara ás 19,30 horas do sábado recibiu un aviso de que un coche envorcara en Narón, na AG-64, e no suceso resultaron feridas dúas persoas, unha das cales tivo que ser liberada do interior do vehículo.

En concreto, o accidente foi no quilómetro 5 da autovía e ao lugar desprazáronse os bombeiros de Narón, que se encargaron de liberar á persoa atrapada.

O aviso deuno un particular e, para atender aos feridos, mobilizáronse tamén o 061, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e o servizo de mantemento da autovía.

Control de estrada da Garda Civil de Tráfico. GARDA CIVIL TRÁFICO
Control de estrada da Garda Civil de Tráfico. GARDA CIVIL TRÁFICO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta