Dous feridos en Barbadás logo dun choque entre unha moto e un turismo

As persoas feridas son unha menor e un home que foron trasladados a un centro médico.

Por E.P. | OURENSE | 16/08/2020 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia



Unha menor e un home resultaron feridos este domingo nunha colisión entre unha moto e un turismo en Barbadás, informou o 112, que explicou que a ferida foi evacuada nun helicóptero medicalizado.

O accidente rexistrouse na OU-540 ao redor das 12,00 horas e foron varias as persoas que chamaron ao 112 para avisar do choque.

O 112 solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, o GES de Pereiro de Aguiar, o servizo de Protección Civil e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

A menor foi trasladada por un helicóptero a un centro médico, mentres que ao home levouno unha ambulancia.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta