Multan 42 persoas en Cambre por non usar máscara mentres que a Policía Local apercibiu a un establecemento

Durante a semana, os axentes revisaron as terrazas para comprobar se se cumpre a distancia entre mesas, o aforamento máximo e a restrición do consumo na barra.

Por E.P. | A CORUÑA | 16/08/2020 | Actualizada ás 14:18

Comparte esta noticia

Entre o 7 e o 14 de agosto a Policía Local de Cambre multou a un total de 42 persoas por non levar máscara e apercibiu a un local de hostalaría por incumprir o horario de peche, informou o Concello nunha nota de prensa este domingo.

O alcalde, Óscar García Patiño, participou esta semana en cinco reunións de seguimento coa rexedores da área sanitaria da Coruña e a Consellería de Sanidade. Debido á situación sanitaria, García Patiño trasladou aos axentes a orde de "intensificar o número de controis" para que se cumprisen as medidas.

O negocio apercibido estaba aberto ás 1,00 horas, a pesar de que as normas indican que os establecementos de hostalaría deben pechar ás 00,30 horas, con media hora para desaloxar.

Ao longo da semana, os axentes revisaron as terrazas para comprobar se se cumpre a distancia entre mesas, o aforamento máximo e a restrición do consumo na barra.

O alcalde trasladou nos seus encontros coa Xunta a necesidade de reforzar a Policía Local e avanzou que contratará dous auxiliares para reforzar o persoal en Cambre.

Policía Local © Miguel Nuñez
Policía Local © Miguel Nuñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta