Seis persoas dunha mesma familia afectadas nun brote orixinado por un caso importado en Laza

Todos os pacientes están illados nos seus respectivos domicilios e en seguimento por parte dos profesionais sanitarios de cus centros de saúde e da súa PAC.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 16/08/2020 | Actualizada ás 17:49

Comparte esta noticia

Un total de seis persoas con vínculos familiares deron positivo por COVID-19 en Laza, informaron este domingo fontes sanitarias, que explicaron que o primeiro caso detectado é importado.

O sábado coñeceuse o resultado positivo dun home de 54 anos, o que deu lugar a que se realizasen probas na súa contorna e este domingo detectásense outro cinco casos, confirmados a través de PCR e todos con nexo familiar.

Trátase de dous homes, de 84 e 59 anos; dúas mulleres de de 80 e 53 anos e unha moza de 17 anos. As mesmas fontes indicaron que está activado o protocolo de identificación, control e seguimento de contactos.

Todos os pacientes están illados nos seus respectivos domicilios e en seguimento por parte dos profesionais sanitarios de cus centros de saúde e da súa PAC.

Test COVID-19 en Galicia.. DAVID CABEZÓN
Test COVID-19 en Galicia.. DAVID CABEZÓN | Fonte: XUNTA DE GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta