Baixas as reservas dos grupos sanguíneos 0+, 0- e A+ en Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/08/2020 | Actualizada ás 10:10

Comparte esta noticia

As reservas dos grupos sanguíneos Cero positivo (0+), Cero negativo (0-) e A positivo (A+) seguen baixas en Galicia, mentres que as da e AB negativo (A- e AB-) e B e AB positivo atópanse normais e as de B negativo (B-) en nivel bo.

Así o informou a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), que lembra que os centros sanitarios para atender a demanda necesitan 500 doazóns de sangue cada día.

Este luns, 17 de agosto, co fin de facilitar a doazón ADOS desprazará unidades móbiles aos municipios coruñeses de Ferrol --Praza de España--, A Coruña --Obelisco--, Fisterra --diante da nova lonxa-- e O Pino --fronte ao Concello--.

Tamén este luns acudirán unidades móbiles de ADOS ás localidades pontevedresas de Campo Lameiro --diante do Concello--, Moaña --fronte ao centro de saúde-- e Fornelos --recinto da festa--.

Así mesmo, ADOS enviará o día 17 unidades para facilitar a doazón ao municipio lucense de Foz --diante do Concello-- e ao ourensán da Valenzá --fronte á farmacia--.

Doazón de sangue
Doazón de sangue

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta