A saúde dende a mirada sexolóxica en Allariz

Os días 19 e 20 de setembro terán lugar no Concello de Allariz as II Xornadas Sexolóxicas.

Por X.M. Fernández | Allariz | 18/08/2020 | Actualizada ás 08:35

Comparte esta noticia

A concelleira de Asuntos Sociais, Maribel Pousa, e a técnica de Igualdade municipal, Ana Cardoso, presentaron a pasada semana as II Xornadas Sexolóxicas de Verán, adiadas pola situación derivada da Covid19.  As novas datas anunciadas serán o 19 e 20 de setembro coa posibilidade, se fose necesario, de trasladar as mesmas a unha plataforma virtual para que poidan executarse.

Presentación das II Xornadas Sexolóxicas. Foto: Prensa Concello de Allariz
Presentación das II Xornadas Sexolóxicas. Foto: Prensa Concello de Allariz

As sesións divulgativas realízanse en colaboración co Instituto de Ciencias Sexolóxicas de Madrid, INCISEX, coa Xunta de Galicia-Vicepresidencia-Consellería de Presidencia, o Ministerio de Igualdad e o Fondo Social Europeo.

Trátase de realizar intervencións máis axustadas á realidade humana e co obxectivo de traballar pola convivencia. Nesta segunda edición a prioridade será reflexionar arredor do concepto de saúde dende a mirada sexolóxica, como forma de entender a saúde como un concepto amplo onde están relacionadas moitas disciplinas.

Abordaranse tamén as posibilidades que lles ofrece a profesionais de disciplinas relacionadas coa saúde, para ter máis coñecemento e traballar para que as dificultades comúns polo feito de ser humanos/as, non se convertan en dificultades engadidas. E como din dende o concello, daráselle importancia “ao compromiso, e a responsabilidade para unha intervención que teña en conta o comunitario e a necesidade de ter coñecemento sobre o feito sexual humano para entender mellor o que se nos presenta, e facer así unha intervención máis centrada no que temos, centrada no suxeito. Unha intervención comprensiva e de cultivo, de cultivo da diversidade e polo tanto, da convivencia”.

Nas xornadas haberá ocasión de asistir a actividades complementarias á formación, como pode ser a Obra de Teatro:”Monstruación” de Enconarte Producións e uns “Petiscos no Jardim!”, acompañados de música de aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta