Un 'tren' de borrascas deixará choivas moi abundantes en Galicia a partir de mañá

AEMET tamén prognostica un incremento paulatino das temperaturas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/08/2020 | Actualizada ás 13:08

Comparte esta noticia

A semana entrante estará marcada polo sucesivo paso de frontes, un 'tren' de borrascas que deixará choivas moi abundantes en Galicia, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía. A Axencia prognostica chuvascos treboentos no nordés, onde tamén comezarán a incrementarse de xeito paulatino as temperaturas, frescas de máis para esta época do ano.

Así o destacou o portavoz do AEMET, Rubén del Campo, que explicou a Europa Press que os próximos días sucederanse as borrascas impulsadas por unha corrente de chorro dará lugar a precipitacións no extremo noroeste peninsular, que poderán ser fortes sobre todo no oeste de Galicia. Segundo o portavoz a entrada das precipitacións podería ter lugar este martes, coa chegada dunha nova fronte. Esas precipitacións estenderanse tamén de maneira máis débil a Asturias.

Unha muller con paraugas . Marta Fernández Xara - Europa Press
Unha muller con paraugas . Marta Fernández Xara - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta